D. ADOLFO ABEL VILELA

PREGOEIRO ANO 1983

"Vimos as Penas de Rodas, eses penedos misteriosos, postos, posiblemente unha por Deus e outra polo demo. Unha que, como ben sabedes, está chea de alcatrán e outra chea de ouro As dúas penas veñen se-la simboloxía do ben e do mal, da verdade e da mentira, do amor e do odio, da paz e da guerra, do quente e do frío, do día e da noite, do novo e do vello, de todas esas cousas tan importantes e transcendentes para os homes, marcados pola dualidade.

Isas penas, teñen que permañecer nese mesmo lugar, tal coma o longo dos séculos estiveron postas á mirada de centos de homes e de mulleres que por aquí pasaron, a pé ou en besta, sempre coa temerosidade de que si unha delas se escachizara, sexa a que contén ese alcatrán mouro, que ha de enche-lo mundo de negrura, de tristura, de calamidades, rematando para sempre con nós.

Recoméndovos comer ben e beber con moderación. Non vos importe te-lo bandullo cheo, pero sí vos importe te-la cabeza tola. O alcohol farávos perder a dereitura precisa para bailar ó son das gaitas, do tambor e dos pandeiros. "

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Saber más

Acepto