D. XESÚS RÁBADE PAREDES

PREGOEIRO ANO 1992

" Ben miradas, seméllanme estas Penas testigos milenarios da muller desta Terra, como eternos monumentos da memoria deste pobo, como arcas supremas da arte dos canteiros de Santiago de Gaioso, que tantas pedras con amor labraron.

Eu nacín nestas terras hai corenta e tres anos; nesta xeografía horizontal de feituras amables, jpor veces como peitos de muller. Aquí me abrín a vida, aquí me namorei da miña compañeira e me fixen galego, e amo a Gaicia e ó mundo porque amo a Terra Cha de infinitas raíces que me prenden<, de voces amantiñas que aprenden os poetas, meus amigos, para ensinarnos o que fomos e o que somos, o que odiamos, quremos e sentimos. Asegúrovos que ser da Terra Cha é ser universal. E dígovos tamén que ser galego é moito máis que nacer e vexetar nalgunha parte de Galicia."

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Saber más

Acepto