Temos escrito, en diversas ocasiós, encol das Penas de Rodas, misterio que sempre nos inquedou dende os anos da nosa infancia. A ademiración que nosa nai tiña por elas era enorme e foi ela que nola transmitiu a nós.

As Penas de Rodas -e non de Roda como se lé nalgún mapa e en varias chamadas gúias de Galicia- están na Terra Gaioso -concretamente na parroquia de Santiago de Gaioso- unha antiga xurisdición desaparecida. Perencen ó concello de Outeiro de Rei. Dende elas pódese contemplar a mais ampla e maravillosa panorámica da Terra cha. Sempre que podemos levamos a ese privilexiado luar ós nosos amigos co mesmo entusiasmo que nos levaba a nós nosa nai cando aínda éramos inocentes infantes. Se algún dos nosos amigos é poeta, peregrinamos a ese paraxe para nós sagrado, coa sagreda e ilusinada esperanza de que lle adique un poema. Polo de agora non tivemos sorte. Se o amigo é arqueólogo agardamos dél -tamén sen decirllo pois estas cousas non se piden; compre facelas voluntariamente- unha monografía coa que clarifique tanta escuridade e tanta maxia. Nen poetas nen arqueólogos -de que sepamos- se decidiu a acometer tan necesaria empresa. Nen os actuais nen os que xa non son deste mundo dos vivos.

Este feito lévanos a facer a seguinte pergunta: ¿pesará algunha sagreda maldición sobre este lugar? Pará nós esta pergunta é unha certeza.

As penas De Rodas son dous penedos enormes, de forma redondeada. Están xuntas, separadas por un pequenísimo oco e teñen moi pouca base. Témoslle adicado un par de poemas. Nos nosos versos intentamos esplicar o fenómeno e contar a lenda que conocemos. Permitásenos reproducir parte do Poemiña das Penas de Rodas:

En Gaioso ollando á Cha

hai duas penedas ergueitas

¡Semellan non ser verdá

redondeces tan ben feitas!

 

As Penas de Rodas son

dous ollos alucinados

que espían con atención

os eídos mais alongados

 

Se ambas penas se desfán

arde, co mundo, un tesouro:

¡unha pena é de alquitrán,

a outra, unha trabe de ouro!

 

No outro poema da nosa autoría; na medida dos nosos saberes, intentamos dar a nosa interpretación das Peas de Rodas:

...círculos astrais

redondos e perfeitos como o mundo;

pedras sacras, unxidas algun

día, co sangue novo e ritual

dos sacrificios; aí estades

mudas, caladas e impasibeis,

en loita cos ventos, choivas,

neves, xistras e xeadas, dando

testemuña de que quen ten vontade

de ser e de existir é invincible,

¡ouh Penas de Rodas que velades

o espíritu ancestral da miña tribo!

 

Nós, ós nosos amigos, decímoslle sempre que as Penas de Rodas son os "Ollos da Terra Cha" e cos que temos moita confianza notificámoslle que as Penas de Rodas son os "Testículos da Terra Cha". Non sexa o demo que as noas pobres e inocentes invenciós correran e aumentaran.

Entre os amigos, tamén propagamos: que o vento ó pasar entre as Penas de Rodas fala galego. E cando canta faino no idioma chairego, do que é especialista Paco Martín.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Saber más

Acepto