PREGOEIRO ANO 2006

".....Van con iste 26 anos nos que se ven celebrando esta selleira romaxe. Pare elo, e con moito traballo, seguro que non sempre ben recoñecido, a asociación que leva por nome o desta paraxe inigualable, con moito esforzo, mantivo e esmerou o coidado dela para promocionala e dala a coñecer alén da bisbarra. Permitídeme que este traballo tendente a que hoxe poidamos disfrutar do controno dun xeito diferente sexa recoñecido publicamente.

Digo dun xeito diferente, porque é o lugar donde sen distincións, e non só no día da romaxe, reúnense a xente para sentires o especial alento da natureza. Alento que día a día e sen pedir nada a cambio, comparten os veciños e veciñas desta parroquia de Santiago de Gaioso, convidándonos a compartir as súas manifestacións e as súas sinais de identidade nesta xuntanza popular.

E velai, que estamos ó carón destes enormes penedos, a unha altitude de 484 metros, por máis que os ollemos, non acadamos a comprender as singulares forzas que os manteñen en equilibrio. Sen dúbida, constitúen un dos innumerables caprichos da deusa natureza. A súa desposición, froito da erosión da auga e do vento durante moitos séculos, deu pé as lendas populares sobradamente coñecidas que deles se teñen contado de xeración en xeración.

Dende aquí, óllase gran parte da Terra Chá, pero si nos chegamos ó cumio da Cruz do Quinto ou de Paraños, podemos ollar o val de Candai, as terras de Francos, as de Vicinte ou as de Santo Tomé de Gaioso. É un dos lugares que sen dúbida sempre recomendarei visitar.

Non podo dende a miña condición de Delegado Provincial de Medio Ambiente, deixar de tentar espallar a semente do respecto, do compromiso, e do bo facer a prol dun desenvolvemento local axeitado co futuro. A protección, a mellora e a recuperación do contorno no que vivimos, non son condicións estéticas, son pilares fundamentais do desenvolvemento socioeconómico, que condiciona ás veces de xeito dramático, a calidade de vida dunha comunidade.

......Neste sentido, compre personalizar, sen ningunha dúbida, ese tipo de compromiso na Asociación Cultural Penas de Rodas, exemplo de vencello das comunidades e dos colectivos. ....

 

 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Saber más

Acepto