PREGOEIRO ANO 1994

"...Como recolleu o historiador lucense Manuel Amor Meilán nos anos vinte e cos prexuicios propios da época, e máis tarde nos anos sesenta o chorado etnógrafo Xesús Taboada Chivite, a tradición oral cóntanos que unha delas, sen sabermos cal, está chea de ouro (que habería de ser para o primeiro que a rompese), e a outra está chea de alcatrán ou pez fervente. Pero ninguén pode ousar abrilas ou escachalas para desvelar cal é de ouro e cal de chapapote, e nin siquera aproveitalas como antería, porque de se-la de alcatrán, este asulagaría e abrasaría toda a comarca e, en verbas de Taboada Chivite, "estragaría o pais.

É moi curioso e signigicativo ver como aquí a mente do home e as formas da natureza parecen unirse e poñerse de acordo para crear unhya protección, non escrita, dun conxunto natural como as Penas, para evita-la súa desfeita precisamente nun lugar onde desfán as pedras para a súa explotación e utilización por parte do home desde hai moito tempo.

Así pois, as Penas de Rodas son, desde logo, unhas formacións naturais e casuais do penedo granítico, resultado actual do traballo da erosión diferencial durante centos de milleiros de anos, aínda que os xeólogos nos poderían dar máis e mellores esplicacións, non sempre totalmente coincidentes. Pero de ningunha maneira, en modo ningún, debemos esquencer que na mente do home poden seguir sendo unha delas de ouro e outra de alcatrán, e significan moito máis ca unhas simples pedras de curiosa forma. Estade seguros de que se se abren ou se dinamitan, sería como se o chapapote e o pez fervente como dicían Amor Meilán e Taboada Chivite, e outras innumerables desgracias sen conto, asulagarane acabaran coa vida de toda esta comarca.."

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Saber más

Acepto