PREGOEIRO ANO 1993

" ...Deixade que vos conte unha historia da fermosísima xiganta Dona Alba, que viña a este lugar para botar un parrafeo cos seus namorados; escoitádea tal e como litgeralmente a traducín na nosa lingua dun antigo manuscrito que non podo dicir onde está nin en que idioma.

entre nós, a máis famosa persoa da raza dos xigantes foi Dona Alba, que era grandísima e moi fermosa, tanto que todos os homes se namoraban dela e lle facían mil pequenos e platónicos servicios. A outra cousa non poderían aspirar, pois o tamaño normal dun home sería pouco máis ou menos o que ela esixiría, dispensando, para certa parte do varón que o namorase.

Pola Terra Chá e as súas estribacións viña moitas veces, sempre coa cesta da merenda na man, e comía mentres conversaba recostada canda os seus admiradores. Unha vez, pedida por estes, temerosos de que un día non volvese máis e non lles quedase ningún recordo seu, trouxo tamén dous colios da Terra dos Xigantes que deixou colocados nun lugar non lonxe do país que en memmoria de Dona Alba nosoutros chamamos Donalbai.

Un daqueles coios ou callimbros era de ouro, e o outro de alcatrán. Agora hai xa moito tempo que Dona Alba non ven ás súas amadas terras de Francos, de Gaioso e Donalbai. Os coios que deixou foron mudando e igualando o seu aspecto cos do país, e hoxe chamásmolles Penas de Rodas, e ó redor deles faise unha famosa romaría.."

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Saber más

Acepto