CRUCEIROS E CRUCES

Autor: Luis Varela

CRUCEIROS E CRUCES DE PEDRA EN SANTIAGO DE GAIOSO.

 

 

 

 

Galicia é terra de cruceiros. O popularismo e a relixiosidade, únense nunha mesma obra, a maioría das veces artísticas, que levan centos de anos protexendo de Santas Compañas e seres do averno os nosos camiños e corredoiras.

Gaioso, terra de boa pedra e mellores artistas, destaca a beleza do cruceiro da Feira declarado “Ben de Interés cultural”.

 

CRUCEIRO DA LAMA.

Está situado entre as dúas aldeas coñecidas co nome de Lama e Longarela, orientado na dirección SUR-NORTE e coordenadas U.T.M. x=708.100 Y=4.775.900 en mapa E:1/10.000.

Este cruceiro está situado nun cruce de camiños (para máis datos no cruce da estrada Rábade-Begonte co acceso o barrio da Lama), atopándose en un moi bo estado de conservación.

A base é cúbica con molduras cóncavas e convexas, o fuste é monolítico de sección cuadrangular nos extremos e coas arestas rebaixadas no resto. As arestas rebaixadas están adornadas cun cordón de hábito (ornamento pouco común nos cruceiros, sendo quizás a característica máis sinalada) como tamén o están na cara sur os instrumentos de la paixón (tenaces, martelo e escada).

O capitel é moldurado e a cruz de sección cuadrangular na parte inferior e coas arestas rebaixadas no resto. Como elemento significativo de este cruceiro, sinalar que polo anverso aparece unha figura de Cristo en metal, co pé esquerdo sobre o dereito e a súa cabeza inclinada sobre o lado dereito.

O cruceiro data de principios do século pasado (cara o ano 1910).

Tamén advertir que o cruceiro estaba situado a uns metros do emprazamento actual. Proba disto é que se aprecian os restos dunha base parcialmente oculta; o cambio produciuse coas obras da xa citada estrada Rábade - Begonte, aínda que algúns parroquianos afirman que no lugar de este existía outro anterior que ou ben foi aproveitado para a construción do actual ou ben eliminado para deixar paso o novo.

CRUCEIRO DA FEIRA.

Está situado na mesma parroquia de Santiago de Gaioso no lugar denominado Campo da Feira (mas coñecido como A Feira).

O cruceiro está orientado en dirección SE-NW con coordenadas U.T.M. X=608.110 Y=4.775.080. Mapa.-E:1/10.000 e está situado a beira dun camiño (o que dende a feira ascende cara a Area Recreativa de Penas de Rodas). A súa propiedade é Pública declarado ben de Interese Cultural Nacional.

A conservación é boa, principalmente pola recente restauración da base, do capitel e do un dos anxos, danados en antano.

Ó redor deste cruceiro, celebrábase unha importante feira o día 3 de cada mes, como xa queda dito.

O baseamento é de tres chanzos, cunha base cúbica moldurada, fuste monolítico, de sección cuadrangular nos extremos y coas arestas rebaixadas no resto. A parte superior do fuste, excepto a de a cara sur-este , está ornamentada cunhas rosetas. La cara suroeste está decorada con instrumentos da paixón (ó xeito do xa estudado "Da Lama"), cuxa orde descendente é a seguinte: tenaces, martelo, escada e látego. Na parte inferior do cruceiro aparece a data na que foi construído : "AÑO/DE/1900" . Debaixo da data aparece un relevo que representa a flaxelación de Cristo. Onde acaba o fuste aparece estrañamente o número 34 .

 

A parte máis destacada do cruceiro é a cruz, na que aparece unha fermosa representación da piedade na súa parte frontal, e onde podemos observar a María con Xesús no seu berce.

Na parte dianteira do cruceiro observamos unha representación de Cristo crucificado.

Tanto unha como a outra, son figuras bastante rudas, pero o mesmo tempo moi expresivas.

Ademais de estes dous cruceiros existen outros de menor importancia. Un está situado na casa de Farruco sendo de propiedade privada de recente construción, do que opino é unha mágoa que se atope dentro do mesmo adro da casa. O outro atopámolo en Xueus, no cruce da estrada Rábade-Begonte co da estrada que se dirixe ó barrio da Feira. Este consiste nunha cruz de considerables dimensións cravada nunha base granítica cuadrangular. Na cruz podemos observar molduras planas e descendentes que a adornan.

Outras cruces son as da casa de Dionisio do Campo no barrio da Longarela realizada en aceiro, duns 30 centímetros de altura, cravada no mesmo muro que rodea a casa, e cunha destacable beleza. Dita cruz posúe unha inscrición moderna o pé: ANO 1975 , que lembra a data da súa restauración por Luís Varela Roibás. A súa orixe remóntase os tempos das Misións Populares (ca. 1950), e fica alí como recordo dela.

O mesmo ocorre cunha cruz de madeira preto da casa da Barreira, chamada “Cruz da Misión”. A cruz está colocada nun balado, dunha considerable altura e antigüidade. Por desgraza esta cruz atópase nun lamentable estado de conservación.

Desta época tamén conservase a que na fachada do templo parroquial colocouse durante a Misión Popular de 1904 levada a cabo polos Xesuítas.

A cruz da Misión na fachada do templo parroquial de Santiago de Gaioso.

 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Saber más

Acepto