^Back To Top
Unha palleta é unha lámina ou láminas situadas na embocadura de certos instrumentos de vento, cuxa vibración permite a emisión do son a través do aire producido polo intérprete.
As palletas están fabricadas con cana, madeira ou metal e existen modalidades que varían segundo o tipo de instrumento. LER MÁIS...
Na gaita, o pallón é a lámina que xera o son dos bordóns.
Os pallóns poden ser de cana ou metálicos. Os de cana son os tradicionais e consisten nunha cana á que se lle xunta unha lámina tamén de cana ou de sabugueiro e mesmo de plástico. Son moi sensíbeis á humidade, polo que hai que esmerarse na súa conservación. Para solucionar a estabilidade sonora do ronco a ronqueta e o chillón introducíronse os de metal, que constan dun tubo, de plástico normalmente, sobre o que se coloca a lámina.